|
BELESAR
Percorre o Miño desde o pobo de Belesar ata a illa de Maiorga. Desde o catamarán poderemos observar os bancais de viñedos de Ribeira Sacra. Esta singular maneira de cultivo confire á zona unha paisaxe sorprendente para o viaxeiro que nos axuda a comprender a dificultade e o esforzo que requiere o cultivo da vide nesta Denominación de Orixe. Durante a viaxe, realizase unha pequena parada na illa de Maiorga. O embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar especializado en gastronomía da zona.
|
01/10/2011 - 31/05/2012: 11:30h e 16:00h
Tódolos días salvo luns e martes, que non haberá saídas, salvo que sexan días festivos.
Semana Santa ( 30/3/2012 - 09/04/2012)
Saídas 11:30h e 16:00h tódolos días.
|
Duración: 1h 45' Prazas: 70
[+] Ver Mapa
|